Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Verbas que danzan

Na Biblioteca Ágora tentamos combinar a prestación dun servizo de calidade aos nosos usuarios e usuarias, o desenvolvemento de proxectos que buscan aprofundar nas relacións e vínculos co noso entorno e o aproveitamento das capacidades creativas do noso persoal, vinculando a lectura con outras disciplinas artísticas.

Verbas que danzan é o nome dunha sinxela videocreación na que un grupiño de nós anda a traballar a partir dun concepto integrador da palabra, o movemento e o espazo,  como elementos relacionados entre si na nosa Biblioteca, que ten nas súas formas arquitectónicas o seu primeiro sinal de identidade. O vídeo terá como misión servir como presentación audiovisual da Biblioteca nas redes sociais e nos foros ou espazos profesionais varios nos que poidamos participar, mais tamén como contido útil para todas aquelas actividades que se desenvolvan con respecto aos campos artísticos da danza, a performance e as artes visuais.

O traballo de creación do video tivo unha primeira fase de elaboración de textos, que servirán de base para os que finalmente se empreguen como guión, e unha segunda de gravación no espazo da Biblioteca da bailarina profesional Carla López Ponlla. Nestes momentos estamos a avanzar na composición final e na edición.

Deixámosvos aquí cun dos textos elaborados para o vídeo:

Danza 227  Imagen 285  Danza 245_a

rozar a textura, o tacto, a calidade das palabras. pousar nas mans, a túa man na miña, e sentir a vida, poder apalpar cada latexo. márcase o que somos no lombo da tarde, cómbase por riba dos teus sorrisos, nos corpos a danzaren sobre as horas. todo é violento e todo brilla, leo. todo está ferido e todo nos salva.

gústame sentirte do meu lado, por onde medran os soños e a escrita avanza cara o ventre do silencio. gústame dicirte, vivirte, espirte de camisa negra e ollos vermellos, aloumiñarte de neno e amante e pobo e alicia e drama e viaxe e noite e misterio.gústame verte bailar,
gústame ver o movemento con que escribes a vida que nos invade, con que trazas a emoción no aire que respiro.

es aquilo que preciso a cada intre, omnímoda, abrangues todo canto eu son quen de vivir e de agardar. paséote porque habitas mundos,
mudas en príncipe do reino dos doces, en nena que rebenta os lindes do posíbel, en Sherazade que me salvas das rutinas e dos medos, en cidade de músicas diversas na lembranza, en bairro de mariñeiros e agra aberta á multitude. bebo os teus velenos e morro e somos para sempre ou esperto e non estás. 

a escrita do teu corpo na miña terra, o que debuxas de mans abertas no tempo desta praza das palabras. é preciso, hoxe, poñer palabras ao que se rompe, falar desde a fenda, medir a fractura e as consecuencias, o seu centro e a súa expansión. é precisa a alegría, a cultura, o alento por soñar e danzar a esperanza da vida.xunt@s os libros arden mal, as letras infectan de futuro canto hoxe nos rouban os homes grises.  

gústame verte bailar, mirarte na contorna do poema que me dictas, ofrecerche os meus pés para que subas e camiñemos. gústame tocar a túa boca e rachar os reloxos, desaprender para admirarme contigo, amarte contra toda esperanza, mergullarme nas palabras que me gardas e me dás, que me ofreces xenerosa e libre e luz.

vémonos, a diario, na praza das palabras, entre as verbas que danzan, nos espazos do común, teus e meus e de tod@s, onde a vida abre as portas e as palabras se acompasan ao ritmo dos teus latexos.

 

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Setembro 10, 2013 por en Audiovisual,Biblioteca,Espazos,Literatura,Persoas , , .
%d bloggers like this: