O arquivo histórico do NO-DO, un dos principais elementos de propaganda da Ditadura franquista, resulta hoxe ben interesante para achegármonos a décadas pasadas e a momentos que quedaron filmados polas cámaras da altura.
Os barrios da Agra, do Ventorrillo, de Visma… non foron alleos ás visitas do ditador Francisco Franco e á consabida actividade audiovisual de difusión do seu réxime. Unha procura na páxina da RTVE permite localizar hoxe, a investigadores e a curiosos, a presenza da cidade no NO-DO, e dános a posibilidade de vermos hoxe imaxes coma estas…
Que interesante esta sección, grazas e parabens dunha veciña do bairro!
Moitas grazas, Mónica! Esperamos que o blog sexa útil como espazo onde van aparecendo contidos relacionados, dunha ou doutra forma, cos barrios da nosa zona de influencia. Aledámonos de que che guste!