Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

X.L.Brandariz: “Neste club nunca se lle dixo a ninguén que non”

Xosé Luis Brandariz 05

O Ventorrillo Fútbol Sala é un club vinculado claramente ao seu barrio e aos nenos e nenas do mesmo, e presume diso. Desde unha filosofía inclusiva na que prima o deporte sobre a competición, o seu responsábel técnico, Xosé Luís Brandariz, falounos de como vive o día a día no barrio e de cal é a forma de traballar que teñen na súa agrupación deportiva.

– Son Xosé Luís Brandariz, levo neste barrio uns 46 anos, primeiro polas casas de Franco e despois xa na Praza do Comercio. Son o presidente do Ventorrillo Fútbol Sala.

– Este barrio, a Agra do Orzán en sentido amplo, nace como tal cando estaba o alcalde Liaño, que foi a época do levantamento de pisos, edificios pegados, sen pensar na xente. Mirade a rúa Cuba, imaxinade a rúa Barcelona con beirarrúas, a ronda de Outeiro sen finalizar, … Como illas estaban as casas de Franco e o barrio dos Mariñeiros, e algunhas casiñas pequenas con horta, no actual Ventorrillo, que se constituiu como barrio a finais dos 70, cunhas cooperativas nas que uns poñían terreos e outros capital, con Caixa Galicia polo medio.

– Moita xente que vive hoxe no Ventorrillo provén das casas de Franco e dos Mariñeiros. Cando a xente nova casaba xa compraba piso aquí, porque eran novos e baratos. Tamén xente de fóra, moita de Boimorto, por exemplo.

– A poboación vella da Agra do Orzán está marchando, porque a maioría de edificios non teñen ascensor, e entón a xente maior deixa o barrio porque non pode subir a un cuarto sen ascensor. Iso favorece o aluguer, especialmente a inmigrantes. No Ventorrillo iso pasa menos.

Xosé Luis Brandariz 06

– No 1985 ou 86 naceu o asociacionismo veciñal no Ventorrillo, na Agra do Orzán xa o fixera uns anos antes. No Ventorrillo o deporte nace primeiro como peña deportiva, liceísta en concreto. O adestrador do Liceo veu vivir ao Ventorrillo e fixémonos amigos. Comezamos a ensinar á xente a patinar e tamén vimos a necesidade, xunto co Concello, de potenciar agrupacións deportivas de barrio, … Daquela en baloncesto estaba o Bosco, pero medio desaparecido, pero había sete ou oito peñas desartelladas no campo do fútbol sala. No Concello pensaron en crear agrupacións deportivas en cada barrio, vinculadas ás asociacións de veciños, e tamén aos colexios.

– O bo que ten a entidade, que presido desde o inicio, é que neste club non se lle dixo que non a ninguén. Aquí xogaron nenos xitanos de Penamoa, xogaron nenos discapacitados, … O noso obxectivo non é gañar, non é seleccionar para ter un bo equipo. Facemos ao revés: nós temos as portas abertas a todos, e se sae algún bon, pois mellor. Hoxe os pais e nais queren que os seus nenos sexan todos uns fenómenos, créase moita competitividade. Pero en xeral os clubes teñen todos adestradores titulares, acceso ás pistas, … Eu presumo de ter entrenado a Thiago Alcántara, con oito anos!

– O barrio do Ventorrillo é un barrio privilexiado, para min. Tanto polas anchuras das rúas, polas zonas verdes, … Ten moito que mellorar, claro, como é a parte de arriba do Ágora, na que defendemos que se cree un corredor verde amplo. Defendemos tamén manter o depósito de auga, haberá que adecualo minimamente, mais nunca tiralo, porque é o símbolo do barrio. E afortunadamente Penamoa xa está desarticulada.

– Nós levamos desde comezos dos 80 reclamando un grande centro social. A Agra do Orzán e o Ventorrillo son a terceira parte da poboación da Coruña. Creouse o Forum, a Biblioteca do Castrillón, … e aquí non viña nada. Hoxe estamos orgullosos do edificio do Ágora, é unha reivindicación de moitos anos. Foi sempre unha reivindicación veciñal, de xente moi concreta.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

4 comentarios en “X.L.Brandariz: “Neste club nunca se lle dixo a ninguén que non”

  1. Pingback: Entrevista a Xosé Luis Brandariz, presidente do Ventorrillo FS « Asociación de Vecinos del Ventorrillo

  2. Pingback: Entrevista ó responsable técnico do Ventorrillo FS, Xosé Luis Brandariz. « Asociación de Vecinos del Ventorrillo

  3. Aníbal
    Agosto 22, 2013

    Hai un erro na entrevista. Brandariz é o responsable técnico. A presidenta é Rosa Barreiro Ares.

  4. xavieragora
    Agosto 23, 2013

    Graciñas polo aviso, Aníbal. Xa está corrixido!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: