Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Carlos Suárez: “Precisamos máis espazos públicos, abertos, para a xente”

Carlos Suárez 05

Carlos Suárez, veciño da Agra e usuario da Biblioteca, conversou con nós arredor dalgúns dos temas que máis preocupan na Asociación Veciñal da Agra do Orzán, que el preside desde 2011.

– Chámome Carlos Suárez, son veciño da Agra do Orzán e presidente da Asociación de Veciños da Agra.  Nacín no barrio de Nostián, perto da refinería, pero vin con dous anos para aquí. Daquela a Agra estaba moito menos poboada, había moitas casas baixas con hortas, menos coches, menos edificios, máis espazos abertos, …

– O urbanismo, a densidade de poboación, condiciona totalmente a vida neste barrio. As políticas municipais non solucionaron isto nin tenden a facelo. Vivimos en rúas moi densificadas, sen espazos verdes, con beirarrúas estreitas, en edificios sen elevadores e sen prazas de garaxe, … Esa problemática creada nos anos 60 e 70 non se corrixe. Hoxe aínda se segue permitindo edificar en solares, e polo tanto segue aumentando a densidade de poboación.

Carlos Suárez 07

– Espazos que había antes, como as Conchiñas, seguen a existir. Alí faciamos as lumeradas no San Xoán, por exemplo. Mais tamén había moitos espazos que hoxe non existen. Por exemplo, eu son da rúa Bellavista con Pascual Veiga e alí había moito espazo por urbanizar e  xogábamos moito na zona, e o mesmo noutras como o Parque de Santa Margarida, ou as Pontes, que ía ser un pulmón para o barrio pero acabou por se urbanizar, …

– O solar das Monxas Adoratrices ou o do Observatorio deberían plantexarse como espazos públicos, para a vida en común, para a calidade de vida da veciñanza. Nós así o temos reivindicado desde a Asociación de Veciños, con actividades de todo tipo. Precisamos máis espazos públicos, abertos, para o desfrute da xente.

– A nivel comercial houbo unha inflexión cando determinadas firmas moi coñecidas deixaron a Rúa Barcelona, a actividade comercial decaeu porque moitas veces esas tendas arrastran xente da que despois tamén se benefician o resto de comercios da zona. Iso e a apertura de tantos centros comercias na cidade tivo moita repercusión no comercio da Agra.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Agosto 5, 2013 por en Agra do Orzán,Conversas con...,Persoas,Traballo , , .
%d bloggers like this: