Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Comezan os nosos programas de voluntariado

Cibervoluntari@s 2

 
 
Neste comezo do mes de xullo puxemos en marcha os primeiros dous programas de voluntariado da Biblioteca Ágora: Préstamo no fogar e Cibervoluntariado. A continuación poñémosvos unha breve información sobre cada un deles. Para máis información só tedes que pasar pola Biblioteca ou chamar ao 981 189 886.
 
Préstamo no fogar
Trátase de facilitar que persoas con problemas de mobilidade e dificultades para saíren das súas casas e viren ás bibliotecas poidan ter acceso aos nosos fondos, a través de voluntarios e voluntarias que levarán os materiais aos seus domicilios e farán o préstamo e a devolución. A maiores imos poñer en marcha un servizo de puntos de lectura en centros de saúde e asistencia social.
 
Cibervoluntariado
 Acabas de empezar a manexarte cos ordenadores e tes dúbidas a cada paso? Non sabes mandar un correo, adxuntar unha foto, andar no facebook, atopar recursos na Rede… Imos axudarche! Ao carón da zona dos ordenadores da Biblioteca Ágora vas ter un voluntario ou voluntaria, identificad@ como tal, que resolverá as dúbidas que vos xurdan ás e aos usuarios dos ordenadores na hora diaria da que dispoñedes.
 
 
 
Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Xullo 4, 2013 por en Biblioteca,Persoas,Traballo , , .
%d bloggers like this: