Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Lecho, dos Mariñeiros: “Aquí todos andamos ao mar e todos nos coñecemos”

Lecho 04

Lecho é memoria viva do barrio dos Mariñeiros. Veciños da nosa Biblioteca, el e o resto dos homes do Clube da Chave dos Mariñeiros sempre se prestaron a contarnos, con absoluta amabilidade, como fora evolucionando o barrio, como foran nel o tempo de traballo e de lecer nas décadas pasadas e como seguían mantendo hoxe o vínculo forte da amizade entre eles, ben escenificado no seu Club Social. Falamos con Lecho, con Gelín e co resto en varias ocasións e sempre quedamos con gañas de máis. Da conversa con Lecho deixámosvos aquí algunhas das cousas que nos contou…

– Nacín en Bens, o 17 de outubro do 42. Vin para Os Mariñeiros con doce anos, con meus pais. Meu avó e meu pai xa eran mariñeiros. Eles andaban a remo, pero eu xa sempre andei a motor. Ás redes, ás nasas, ao congro, houbo que andar a todo… sempre pelexando co mar.

– As mulleres traballaban tanto coma os homes. Miña nai collía o peixe no Portiño e levaba ao peirao a vender, á cabeza, cargado á cabeza. Nós xa non chegamos a iso, levamos sempre todo no coche. Na miña familia andamos ao mar. Cando había mal tempo e non se podía, non gañabas nada. Tiñas que gardar cando gañabas para cando non.

– Aquí nos Mariñeiros todos andamos ao mar e todos nos coñecemos, en xeral. Coñeciámonos polos motes e polas casas. Meu pai era o Churro, meu avó o Gaiteiro, lembro aos de Ernesto, os do Pombo, os de Ricardo, os de Alvedro, … Compartiamos horas no traballo e nas tabernas: o Peixiño, o Ribeiro, o Bodegón, … Aí abaixo mesmo había un outro bar, o Hogar del Pescador, no que se comía moi bo marisco.

– A festa aquí é a do Carme. Facíase unha misa na Igrexa (en Visma) e collíase a virxe e levábase a ombreiros ata o Portiño. Montábamos a Virxe nunha lancha, dabamos unha volta polas illas e volviamos para terra. E despois facíamos aquí a verbena.

– Aquí houbo moita afección ás traíñas, ao remo, ao fútbol co Batallador, … pero a xente vaise xubilando e as cousas van quedando paradas… Na chave xa levamos bastantes anos, cerca de vintecinco. Nós hoxe aínda imos ás veces a pescar, un par de horas polas mañás,  cando hai algún calamar ou así…

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

2 comentarios en “Lecho, dos Mariñeiros: “Aquí todos andamos ao mar e todos nos coñecemos”

  1. meigagalicia
    Xullo 1, 2013

    Esta página es un gran ejemplo que se debería de difundir a lo grande, es importante que todas las generaciones conozcan de donde procedemos, cuales son nuestros orígenes y así entenderemos mejor algunos comportamientos que no son más que un símbolo de nuestros sentimientos, grandes todos los que veo en las fotos, así como sus familias, un orgullo…… BIQUIÑOS……

    • xavieragora
      Xullo 2, 2013

      Graciñas polas túas palabras! Alegrámonos de que che guste a entrada e o blog e de que compartamos opinión sobre a importancia de termos ben presente a memoria e a historia das xentes e dos espazos que son nosos. A identidade, o que somos, é un valor que construímos entre todas e todos no paso do tempo, e non se pode ser universal estando moi atento ao que acontece fóra e descoñecendo, en cambio, como é e como se foi conformando o lugar onde vivimos ou que temos ao lado. MeigaGalicia, axúdanos a divulgar esta entrada polos barrios, si?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: