Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Unha novela sobre a outra Coruña

outro-retrato

O autor Francisco Antonio Vidal presentou a semana pasada na Livraría Suevia, situada na rúa Vila de Negreira, a súa novela As deusas do Calvario, un romance de carácter social editado por Toxosoutos . No acto, o autor sinalou  que a novela estaba ambientada nos barrios da periferia coruñesa, antes pertencentes ao antigo Concello de Oza, con protagonismo para espazos como a Agra do Orzán ou Mariñeiros.

Sobre o libro, a crítica Pilar Ponte sinalou o seguinte:

Con As deusas do Calvario, fermosísimo título da súa oitava novela, Francisco A.Vidal sitúanos no concello de Arteixo e mais nos arrabaldes da Coruña, desde ese momento convertida na CIDADE. Vidal non aspira só a contar unha historia, senón tamén a nos explicar a configuración da cidade, intercalando unha serie de oito textos denominada “Teoría da cidade” onde desprega a súa condición de etnógrafo. A urbe aparece convertida así nunha forza destrutiva capaz de acabar cos fortes brazos dos homes e de esvaer as tensas peles de doncela. Unha estrutura de círculos concéntricos serve para explicar como os integrantes de cada un deles aspiran a formar parte do seguinte ata formaren parte do “centro centrísimo” que se corresponde co centro xeográfico, identificado coa felicidade. O autor leva adiante unha narración crúa, na que dá conta da complexa engrenaxe que fai funcionar un lugar habitado por mulleres vítimas de circunstancias que as condenan á traxedia. Como di a señora Antonia, unha das heroínas da novela,“a vida está feita de retallos […] dependendo da costureira,con eles pódese facer un farrapo ou o vestido dunha noiva”. Deste xeito, no barrio os uns conseguen salvar o chanzo da marxinalidade mentres que outros esmorecen nos vieiros que dan na dor. Sabe, entón, Francisco A.Vidal xuntar todos os retallos e confeccionar unha novela que se move entre a narrativa social e esoutra de protagonista heroica: finalmente, todo un fermoso mantelo feito de abelorios de negro loito para o noso goce lector.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

2 comentarios en “Unha novela sobre a outra Coruña

  1. Pingback: Francisco Antonio Vidal. As deusas do Calvario

  2. Noraboa a meu amigo Francisco.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: