Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Escolas para un futuro mellor

escola mariñeiros

 

Un dos elementos que máis influencia tivo e ten no desenvolvemento social e humano das nosas vilas e cidades é,  sen dúbida, o ensino. A importancia da educación e o seu papel potencialmente transformador está hoxe fóra de toda dúbida. Hoxe, nos barrios da nosa contorna, vemos con agrado o traballo que desenvolven os colexios e institutos que atenden a poboación infantil e xuvenil desta zona, e o grande labor que no ámbito da integración social e a formación persoal realizan diariamente. Velaquí o noso pequeno, mais sentido, agradecemento.

 

OS COLES DA ZONA

CEIP Raquel Camacho
Inaugurado no curso 1969-70, é un centro que viviu as modificacións sociais e urbanísticas do seu entorno. Hoxe está especialmente atento á educación en valores para a convivencia e o respecto á diversidade. Desenvolve tamén un traballo específico de inserción das TIC´s nas aulas, a través do proxecto Abalar.

CEIP María Barbeito
Foi creado no 1977, ao tempo que se urbanizou o barrio do Ventorrillo. É un centro público potenciador de valores éticos, que pretende conseguir dos alumnos unha formación integral e personalizada en coñecementos, destrezas e valores morais en todos os ámbitos: persoal, familiar, social e profesional, a través de actitudes abertas, democráticas, favorecendo a igualdade entre sexos e contrario a todo tipo de discriminación. É unha escola insertada na cultura propia de Galicia, nas nosas tradicións, e ao mesmo tempo respectuosa e aberta a todas as demais culturas.

CEIP San Pedro de Visma
Inaugurado no 1989, é un centro público plurilíngüe, con moito vínculo co entorno rural no que se sitúa  e ao que sabe tirar partido dunha forma interesante e diferente. Traballa temáticas de convivencia,  novs tecnoloxías e promoción lectora e ten programas específicos como A horta escolar e Radio SPV.

Raquel Camacho          img001

OS INSTITUTOS

IES Rafael Dieste
O IES Rafael Dieste ponse en marcha no ano 1989 e acolle alumnado da Agra do Orzán e doutros barrios próximos da cidade. O Centro foi seleccionado como Centro Plurilingüe dende o curso 2010-11, e continúa igualmente co programa de Sección Bilingües que xa tiña. Desenvolve un importante programa de actividades en colaboración coas entidades sociais e culturais da zona.

IES Agra I
Ao carón da Biblioteca Ágora, o IES Agra I é un centro educativo de referencia na zona, hoxe caracterizado pola súa compoñente multicultural dentro do alumnado. Conta con equipos de mediación e vai formar parte do proxecto Abalar para a implantación das TIC´s no Centro.

IES Salvador de Madariaga
O I. E. S. Salvador de Madariaga é un centro público cuxos obxetivos son a formación científica, moral, artística, física e social dos alumnos e alumnas. O seu funcionamento axústase á normativa vixente facendo prevaler o desenvolvemento da personalidade no respeto ós principios democráticos da convivencia e os dereitos fundamentais.
O centro aglutina alumnado da Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Postobrigatoria. Impártense os dous ciclos de E. S. O. e os Bacharelatos de Humanidades e Ciencias Sociales, Artes escénicas, música e danza e Ciencias e tecnoloxía. Tamén imparte a Educación Secundaria para Adultos, o 2º curso do PCPI e o Bacharelato en réxime nocturno. O actual edificio foi inaugurado o 23 de setembro de 1947.

OUTROS CENTROS

Para alén dos centros de ensino público, na zona existen tamén espazos formativos de carácter privado, que complementan a oferta existente.

Sirvan como exemplo o Centro Privado de Formación Profesional Tomás Barros -caracterizado por ser único centro privado de Galicia que ofrece todos os ciclos da familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade-, academias como Aula Nosa ou escolas infantís como Os Picariños ou Os Pequerrechos.

Podes atopar os datos de contacto dos diferentes centros e espazos educativos no noso mapa de recursos.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

2 comentarios en “Escolas para un futuro mellor

  1. Teresa Guisan
    Maio 21, 2013

    ESTÁ BEN A PÁXINA,PERO DEBEDES ACTUALIZAR A FOTO DO COLEXIO MARÁ BARBEITO,XA QUE A QUE TEDES É DO ANO 90 APROXIMADAMENTE E ¡XA CHOVEU¡.

    • xavieragora
      Maio 22, 2013

      Toda a razón, Teresa. Temos que achegarnos alí e facer algunha foto máis nova. 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: