Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Pasou, e celebramos, o 8 de marzo

Maria Barbeito

Maria Barbeito

Coma o ano pasado, na Biblioteca Ágora volvemos celebrar cunha pequena mostra de actualidade o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres. Ensaio, poesía, narrativa, pensamento feminista, teoría queer, prensa, documentais, audiovisuais, … conforman a escolla de materiais elaborada polas compañeiras da Biblioteca Ágora, para os poñer a disposición de calquera persoa interesada.

Mais xa sabedes que Suma Ágora é un blog que ten como elemento central a atención á contorna do nosos bairros, e por iso nesta data sinalada queremos desde aquí facer un convite: o da descuberta e posta en valor das mulleres que, co seu talento, valentía e compromiso, fixeron progresar ao conxunto da sociedade da Coruña. Falamos de mulleres como María Barbeito, como Elvira Bao, como Amparo e Teresa Alvajar, como Amparo López Jean, como Sofía Casanova, … De moitas delas falan publicacións como  as de Carlos Pereira , ou os medios en días determinados ou espazos específicos como o Álbum das Mulleres Galegas.

É vital para unha sociedade xusta e democrática recuperar e difundir os nomes, as vidas e as obras  de tantas e tantas mulleres que foron protagonistas, en tempos ben complicados para elas, de traballos e exemplos valiosísimos para o avance social. Nós, cando menos, apostamos por iso e explicámolo ao noso xeito en textos coma este  8 de marzo, que acompañaban á Mostra que protagonizou estas semanas na nosa Biblioteca.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Marzo 16, 2013 por en Ensino,Literatura,Persoas , , , , .
%d bloggers like this: