Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Somos de aquí

Ao comezo do proxecto Suma Ágora -que puxemos en marcha meses antes da apertura da Biblioteca- unha das cuestións que máis nos interesaba era conseguirmos que veciños e veciñas sentisen seu este espazo, que entrasen nel e se atopasen cómodos e cómodas e que non houbese barreiras de ningún tipo -nin visibles nin invisibles- á hora de aproveitar a Biblioteca en todo canto esta pode ofrecer á veciñanza de todas as idades.

Para levarmos adiante esta nosa vontade un dos elementos clave era e é a dos máis pequenos, a dos rapaces e rapazas de infantil e primaria, que atendemos a través dos coles, das visitas guiadas que desenvolvemos para eles e dos diferentes programas que temos orientados aos distintos grupos de idade. Neles está o futuro. E neles xa hoxe son perceptibles dinámicas de integración social moito máis sinxelas e  naturais que as dos adultos, e por iso altamente positivas.  Ao tempo, da man dos pequenos, xa se sabe, van os grandes. Por iso tamén tiñamos claro que a través dos peques chegariamos aos maiores.

Suma Ágora quería ser naquela altura e quere ser aínda hoxe un punto de encontro, un nó no que converxan diferentes colectivos, persoas, dinámicas, tempos, persoas, mais sempre co eixo común do territorio de proximidade ao que nós atendemos: o Ventorrillo e a Silva, a Agra do Orzán, Mariñeiros, San Pedro de Visma e Peruleiro. A ese territorio chegabamos no verán do 2011 co noso flamante Centro aínda en obras, grande, luminoso, vistoso, e tiñamos que ser educados e presentarnos. Así o fixemos. Falamos con canto colectivo había, con todos os axentes sociais, educativos, culturais, deportivos e económicos do entorno e comezamos a mostrar o que ía ser a Biblioteca mesmo antes xa de estar rematada (aquel proxecto chamouse Aberto por obras). Sentiámonos recén chegados, e iso eramos en realidade. Hoxe xa somos de aquí, saudámonos pola rúa, coñecémonos e falamos coa xente de a diario, damos gastos nos ultramarinos e nos bares dos arredores, sabemos movernos polos barrios, sofremos para aparcar, facemos algunha compra, imos aos quioscos, ás fruterías, aos chinos, temos amigos de cores diferentes, descubrimos xente que merece moito a pena, enfadámonos e reconciliámonos, sabemos falar en 15010, gústanos sentir que formamos parte do bo -e do menos bo- que ten o entorno que nos rodea.

Somos de aquí, en definitiva. E Aquí, esa zona especial de periferia, ese territorio de vento súpeto e irado, ten a súa historia. Os nenos e nenas da zona debuxáronnos algúns elementos dela. E aquí vola deixamos, para que a descubrades en forma de liña do tempo. Completade o que queirades, que de Aquí non nos movemos.

Liña do Tempo

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: