Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Ana Louzán: “O traballo e a alimentación son as grandes necesidades deste momento”

Ana 01

Ana Louzán traballa na ONG Viraventos como técnica de inserción social e forma parte da súa Xunta Directiva. Recibiunos na sede coruñesa do colectivo e falamos con ela das liñas de traballo que desenvolven, de como percibe que avanza o barrio e do papel que a Biblioteca e o Centro Ágora poden xogar para a realidade social da súa contorna.

– Viraventos traballa fundamentalmente en tres ámbitos. O primeiro é o da inserción social, orientación laboral, formación de adultos e axudas de primeira necesidade. Basicamente axudamos ás persoas que veñen doutros países na obtención de papeis, facemos acompañamento a adultos para a tarxeta sanitaria, os trámites administrativos,…Tamén temos banco de alimentos, roupeiro, axudas de emerxencia económica, … O segundo ámbito é o da sensibilización e educación para o desenvolvemento, desde o cal facemos un traballo directo nos IES de varios concellos galegos. Por último temos a liña de traballo de apoio á infancia e a familia, desde a atención e reforzo escolar, apoio á educación dos fillos, un programa de ocio e habilidades sociais, … É un programa global.

– Traballamos con poboación inmigrante e con emigrantes retornados. Ás veces facemos excepcións co Banco de Alimentos pola situación grave que existe hoxe en día, previa valoración do equipo técnico. Agora mesmo a alimentación é unha das principais necesidades, tanto para os inmigrantes como para a xente de aquí. Xunto con ela, a orientación laboral é a grande demanda. Axudamos na elaboración de currículums, xestión de ofertas, teléfono gratuíto, … eses son hoxe os dous ámbitos máis demandados.

– A xente que temos aquí é fundamentalmente de Senegal e de países sudamericanos. Estatísticamente as persoas de procedencia sudamericana son maioritarias, e demandan fundamentalmente orientación laboral. Os senegaleses demandan máis acompañamentos e axudas de tipo administrativo.

– Actualmente o nivel de desemprego é brutal. Un drama. Moita xente usuaria nosa que tiña traballos estábeis quedaron no paro e resulta case imposible atopar nada para eles. Hostalería, asistencia domicilaria, construción, … eran os sectores clave onde a xente traballaba, e agora están de capa caída. Os empregos de baixa cualificación xa non son solución. O paro afecta moito á convivencia nas familias, aos fillos, é un problema social grave.

– A adaptación á vida aquí é diferente para os homes e para as mulleres. O que percibimos fundamentalmente é que na comunidade sudamericana viñan primeiro as mulleres, atopaban traballo e traían despois aos homes. Os homes chegaban, non atopaban traballo legal e iso producía un cambio de rol difícil de asumir para moitos deles. Canto ás mulleres, quizais as senegalesas teñan máis dificultades, principalmente polo idioma, porque non estaban escolarizadas no seu país e entón a aprendizaxe do galego ou do castelán é máis complicada. Iso produce que fiquen máis inmersas nun círculo máis pechado, entre elas.

– A actitude da veciñanza do barrio en xeral é boa con respecto aos inmigrantes. Non se percibe rexeitamento explícito, por así dicilo. Hai cuestións que xeran curiosidade, como a vestimenta dos venres da comunidade senegalesa, que é a máis visible neste entorno. Obviamente hai persoas ás que nos gusta a multiculturalidade e outras que seguramente son dos de “eu non son racista, pero…”. Estes últimos deben de levalo peor (risos).

– A diversidade é boa, é positiva, mais aceptar a diversidade non quere dicir aceptar todas as prácticas. O respecto ás leis e á convivencia é fundamental. Nese sentido existen prexuízos evidentes e non se nota maior comprensión polo feito de termos sido nós, o galego, un pobo emigrante.

– Unha cousa é a Agra do Orzán e outra o Ventorrillo. Son diferentes. Na primeira faltan espazos de xuntanza, de vida na rúa, lugares públicos. O Ventorrillo ten máis servizos. O Ágora ten que servir para dar servizos novos aos habitantes de aquí: rexistro, papeleo, cultura, servizos sociais, …

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Un comentario en “Ana Louzán: “O traballo e a alimentación son as grandes necesidades deste momento”

  1. Pingback: Ana Louzán: “O traballo e a alimentación son as grandes necesidades deste momento”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: