Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Aquí sempre fomos moi deportistas!

Equipo de Visma

Traíñas, fútbol, fútbol sala, baloncesto, chave, boxeo, skate, ximnasia, …  Na memoria da veciñanza dos nosos barrios mantense fresca e é motivo de conversa e orgullo a presenza de clubes, deportistas e colectivos vinculados á actividade física.

Na xente de Mariñeiros quedaron gravados os tempos do Batallador, na de Visma a década dos 40 -na que as súas traíñas dominaban as competicións que houber na contorna-, no Ventorrillo e na Agra lembran as súas agrupacións deportivas dos anos noventa e os equipos de fútbol sala, … Hoxe a actividade é ben diversa e recolle desde ximnasios orientados ao boxeo, como o Azteca, ata un deporte tradicional galego como a chave, absoluto protagonista na vida dos homes de Mariñeiros, pasando pola natación, o aérobic e o ximnasio do complexo deportivo Agra I ou a escola de fútbol sala do Ventorrillo F.S.

Seguro que ti coñeces máis clubes e deportistas da zona…!

Chaveiro2

Club Básquet Coruña

En xaneiro de 1995, o Club Baloncesto Arteixo firma un acordo de asociación co Ventorrillo Sports Group, coincidindo coa inauguración do polideportivo do Ventorrillo. O convenio especifica que este equipo se vincula desde ese momento á agrupación deportiva do Ventorrillo e que conxuntamente se han de crear as Escolas de Baloncesto do Ventorrillo. O equipo do C.B. Arteixo, que estaba nese intre na Liga Autonómica, logra ese ano o seu ascenso á Liga Nacional. En xullo de 1996 o C.A.B Coruña, equipo de baloncesto que nese momento había na cidade e que que militaba en la Liba EBA, perde a categoría e desaparece. A directiva do Club de Baloncesto Arteixo plantexa entón á directiva da Asociación Deportiva Ventorrillo a posibilidad de levar para a Coruña o equipo de Arteixo. Así naceu o Club Basquet Coruña, da fusión do Club Baloncesto Arteixo e o Club Baloncesto do Ventorrillo. E así comeza a nova estrutura do club, cun equipo na liga EBA e outro na Liga Nacional: un xoga os partidos no Polideportivo de Riazor e o outro no Polideportivo do Ventorrillo. A sede social fíxase na Asociación de Veciños do Ventorrillo, cunha Directiva conformada a partir da fusión dos dous clubes.

A Escola de Boxeo Azteca Box é un ximnasio de A Coruña no que o boxeo nas súas diversas variantes (clásico, sen contacto, feminino e infantil) é o absoluto protagonista. Desde Azteca Box téntase que as persoas vinculadas ao mesmo adquiran os valores dese deporte: humildade, nobreza, constancia e traballo. E é por eses valores que a escola goza dun ambiente plural e positivo, do que participan persoas de todas as idades, procedencias e condicións.

O Club de Chave Os Mariñeiros naceu cando un grupo de veciños do barrio decidiu que era hora de mudar o fútbol por algún deporte máis acorde coa realidade física que o paso dos anos lles ía impoñendo a todos eles. Con case trinta anos xa de historia, son unha referencia da chave na cidade da Coruña e no conxunto de Galicia, xogando o seu equipo na División de Honor galega.

Ventorrillo Fútbol Sala.

Fundado en 1982 é un club histórico da cidade, que conta cunha moi importante escola de fútbol sala para nenos e nenas. Mantén na Coruña a paixón por este deporte, tentando revivir épocas de esplendor como as do desaparecido Chaston xunto con outros clubs, como o 5 Coruña.

Unión de Remeros de San Pedro de Visma

Dominou nos anos 40 as regatas celebradas na Coruña. Nas hemerotecas figura a vitoria obtida no ano 44 sobre o Liceo de Monelos e o Centro Deportivo de Santa lucía. A traíña de Visma chamábase “María del Carmen” e ao vencer nesa regata gañou a Copa Diputación dese ano.

Traineras

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: