Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Xa fixemos un ano… sumando!

varias 078
 
@s da foto son parte dos compañeiros e compañeiras da Biblioteca, como vedes xente elegante no vestir e recatada e clásica na estética. Brincadeiras fóra, como é obvio é unha foto deste pasado Antroido, no que boa parte de quen traballamos nas Biblios Municipais quixemos participar directamente das festas contribuíndo coas nosas vestimentas.
 
Esa vontade de meter a vida cotiá na Biblioteca, de ser permeables e estar abertos ao que ocorre nas rúas, de facer sentir á xente que a Biblioteca é esencialmente súa (por algo é pública, de todas e todos), está sempre presente no espírito do que facemos no conxunto das Bibliotecas Municipais da Coruña.
 
No caso concreto da nosa, a Biblioteca Municipal do Ágora, pasou xa máis de un ano desde que o 29 de xaneiro de 2012 abrimos as nosas portas. O balance, en termos xerais, pódese consultar aquí. Moita xente, moitos socios e socias, moitas actividades, moitas anécdotas.
 
Por iso é bo revisitar, desde o agora, o video co que hai máis de un ano nos anticipabamos á nosa propia apertura, e no que veciños e veciñas dos nosos barrios de influencia nos contaban directamente que esperaban de nós. Con el vos deixamos por hoxe…
 
Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: