Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Esplendor arcano

510f6ef311c29-esplendor_arcano

Un arcano é un segredo, algo reservado, misterioso, difícil de coñecer, recóndito. Sérvenos a aclaración para comezar a falarmos de Esplendor arcano, o primeiro libro de poemas de Ramiro Torres, autor coruñés -veciño destes barrios- e usuario asiduo da nosa Biblioteca.

En palabras do crítico Armando Requeixo, “dacabalo dun moi particular visionarismo literario e aleitando no ubérrimo surreal, este Esplendor arcano de Torres dialoga cos máis variados referentes, tanto de noso coma doutras latitudes, polo que non ha resultar difícil emparentar estes versos “poderosamente nus”, cheos de “matérias que desaparecem/ no adentro e renascem crateras” cos da lucense Olga Novo; e tampouco estrañará a súa parentela co sideralismo cobregueante dun Herberto Helder, o amatorio cinsento dun Quevedo —que aquí volve lembrarnos amar “até serem pó/ embriagado”— ou o Breton de máis decidido rauto en poemas manifesto como “Nós surreal”, por amentar tan só algúns dos compañeiros de viaxe.”

A edición da obra, que vén de ser presentada hai unhas semanas, corre a cargo do autor dentro do proxecto colectivo do Grupo Surrealista Galego Xalundes, do que o propio Ramiro Torres é un dos máximos dinamizadores.

GSG VIDEO ESPLENDOR ARCANO from MrEIDANPELIS on Vimeo.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Febreiro 5, 2013 por en Biblioteca,Literatura,Persoas , .
%d bloggers like this: