Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Tempo de lecer

Manolo o Perrena 

O tempo da infancia

Mozos e mozas doutrora dos barrios da Agra, de Visma, de Mariñeiros, lembran como pasaban o tempo da infancia pola zona.

Fálannos do monte, dos campos e das hortas que rodeaban a Divina Pastora, as Casas de Franco e o barrio de Os Mariñeiros. Un espazo no que nenos e nenas tiñan a posibilidade de desenvolver a súa imaxinación, construír os seus propios xoguetes, descubrir por eles mesmos a natureza que os arrodeaba.

Foi espazo de xogos a vella arqueta do antigo viveiro de plantas, onde hoxe estamos nós como Biblioteca. Nos seus arredores erguíanse cabanas de madeira encima das árbores e cazábanse xílgaros neles co pegamento do Virgo Blanco ou con resina, para os vender despois e sacar uns cartos para andar en bicicletas alugadas na Praza de Lugo ao Taboada. Tamén ir coller froita aos chalés da zona de Riazor ou polas beiras do Observatorio era actividade non pouco frecuente.

O verán convidaba a ir ao Portiño, para se deitar ao sol na praia ou pescar cos amigos na Dársena coas lanchas dos pais, ou pasear con elas polo peirao e polo Parrote.

A falta de cartos propiciaba que houbese que espabilar a imaxinación. No Monte Rancheiro, onde o Exército facía prácticas de tiro, pandillas de rapaces recollían os casquillos e mesmo as balas chantadas no solo, pois por seren de cobre eran despois moi ben pagadas. De se reunir o diñeiro suficiente quizais a pandilla enteira puidese ir ao cine Finisterre e mercar lambetadas.

E ao medrar, a partir dos quince ou dezaseis anos, xa se comezaba a acudir aos bailes de fóra da cidade, como o Seijal, o Nikar, o Cinco Estrellas e o Sally. Algúns mesmo se achegaban ao Rey Brigo de Betanzos ou a Moderno de Sada. Os de xeracións máis novas lembran tamén ir aos bailes do Circo de Artesáns  ou do Finisterre.

As vicarias nas festas de San Pedro
De bailes e verbenas 
 
Nos anos 60 estaban moi de moda, para alén das festas,  os bailes nos salóns de hoteis como o Embajador,  La Granja, Finisterre, … Eran salóns de baile con orquestra, cos músicos tocando para os asistentes ao vivo.

E despois estaban as verbenas. Antes as verbenas eran diferentes, vivíanse doutra forma porque eran agardadas durante todo o ano e era casi a única festa que había. As festas do barrio eran o acontecemento máis importante do ano, e para organizalas colaboraban mozos e mozas, que recaudaban diñeiro polas casas acompañados dalgún adulto. Eran tamén, eses días, ocasión para o ligoteo e para a estrea: zapatos ou pantalón novo e as mellores roupas que se tivesen.

A zona do Campo de Vioño, da Silva, do Ventorrillo, etc tivo sempre fama de boas festas e boas orquestras, e tamén as que se facían diante do Finisterre. As orquestars máis emblemáticas daquela altura eran Los Trovadores, Los Satélites ou La Orquesta X, pero había aínda máis pola cidade e de moita calidade.

Semana Santa, Antroido, San Xoán, Nadal, …

Como é lóxico, a veciñanza de zona celebrou e celebra o resto de festas do calendario do ano. A Semana Santa, o Antroido, o San Xoán, o Samaín, o Nadal, … tiveron e teñen presenza e manifestacións propias na nosa contorna. E mesmo soubemos que un dos nosos conveciños – X.L.Brandariz, do Ventorrillo- foi un dos iniciadores das cacharelas que hoxe dan fama á cidade.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Un comentario en “Tempo de lecer

  1. Pingback: De roteiro polo barrio co CEIP San Pedro de Visma | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: