Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

De roteiro polo barrio

O pasado mércores 12 de decembro, e dentro das actividades vinculadas a Suma Ágora, desenvolvemos unha sinxela iniciativa de rúa, destinada a coñecermos máis sobre o noso entorno, as súas características e a memoria que sobre os cambios vividos gardan as veciñas e veciños. No fondo, queriamos saber máis dos nosos lugares de vida. Coa inestimable axuda de Rosa Barreiro e Alejandro da Silva (AA.VV. Ventorrillo), de Lecho (Club da Chave de Mariñeiros) e de Xurxo Souto, e grazas ao traballo previo feito polos nosos bolseiros do IES Ánxel Casal, Javier e Lucía, percorremos o treito que vai do local veciñal doVentorrillo ata a praza de Pucho Boedo (Katanga) ata a praza dos Mariñeiros, para finalizar o paseo na propia Biblioteca Ágora.

Unha ducia de persoas combatemos a fría e venteada tarde co calor das lembranzas, dos datos e das anécdotas que Xurxo e o señor Alejandro nos foron contando, matizadas e enriquecidas polas intervencións das e dos asistentes. As orixes do Ventorrillo, as etapas de construción, o nome de Katanga, a historia de Pucho Boedo, os obxectivos da Biblioteca, a pista da chave dos Mariñeiros, o mar da Coruña nas verbas de Lecho, a exposición Suma Ágora, … moitos foron os elementos tratados e comentados, dunha forma amena e distendida, ao longo do roteiro.

Para quen non puido vir, un anuncio: faremos máis, pero máis adiante. O bo tempo, outra franxa horaria (seguramente un sábado á mañá) e moita difusión polos barrios permitirán que a proposta medre e sexa disfrutada por máis persoas. Deixámosvos con algunhas fotos deste primeiro paseo de proba…

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

3 comentarios en “De roteiro polo barrio

  1. Pingback: Os nenos deciden « Suma Ágora

  2. Pingback: As nenas e nenos do María Barbeito, de roteiro polo barrio | Suma Ágora

  3. Pingback: Comezan os roteiros na Biblioteca Ágora | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: