Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Na hemeroteca

Visma_18-de-septiembre-1957 Nos xornais coruñeses foron ficando impresos, negro sobre branco, moitos dos feitos máis relevantes da historia dos barrios da nosa contorna. Sabedores do papel da prensa escrita en relación á historia e á memoria desta zona da cidade, hai meses que desde a Biblioteca Ágora fixemos un traballo de procura de portadas e de novas periodísticas de interese singular para nós, coa intención de as incluírmos na exposición Suma Ágora, xa visitable.

De El Ideal Gallego ou de La Voz de Galicia referenciamos, no panel dedicado a esta cuestión, diferentes noticias vinculadas a momentos significativos da Agra do Orzán, de Visma ou do Ventorrillo. Sirva a da foto que ilustra esta entrada do blog a modo de exemplo, pertencente á inauguración do barrio dos Mariñeiros.

En liñas xerais chama a atención, a ollos de hoxe, a confusión indisimulada entre propaganda política franquista e información veraz á que os medios estaban sometidos durante o longo período da noite de pedra. Desta maneira non resultaba estraño ler, na prensa da altura, encendidos eloxios á labor construtiva do ditador e chamadas xeralizadas, igualmente animosas, ao combate da España nacional-católica contra o comunismo, por poñer un exemplo.  

Paga a pena, desde logo, achegarse en calquer momento á Biblioteca para botar un ollo a este e ao resto de paneis, e de paso ás diferentes salas da mesma. Estades, por suposto, convidados e convidadas!

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Decembro 24, 2012 por en Biblioteca,Espazos,Persoas,Peruleiro e Mariñeiros , , , , , .
%d bloggers like this: