Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

A exposición Suma Ágora, na Biblioteca e na Internet

Imagen 004Desde a apertura da Biblioteca Ágora quixemos conseguir que os barrios da nosa contorna -aos que atendemos e servimos de forma prioritaria- se recoñecesen e atopasen dentro do noso propio espazo.
 
Non é casual, por iso, que desde as nosas paredes nos miren cada día as facianas de mozos e mozas, nenos e nenas, homes e mulleres que viven na Agra do Orzán, no Ventorrillo, en Mariñeiros, en Peruleiro, en San Pedro de Visma, na Silva, en Cances… Tampouco que neste blog vaiamos introducindo, aos poucos, textos, imaxes e vídeos sobre os diferentes elementos que conforman a vida e a identidade dos nosos barrios, co protagonismo centrado sempre na veciñanza. Ocorre porque así o queremos, porque é para nós fundamental que a Biblioteca sexa vivida e sentida como un elemento máis da vida dos seus veciños e veciñas.
 
Para iso deseñamos o proxecto Suma Ágora, que estivemos e estamos a desenvolver. Por iso o que facemos ten sempre relación cos eixos xa coñecidos que nos interesa traballar: IDENTIDADE + MEMORIA + ESPAZOS + PERSOAS + FUTURO.
 
Ven ver a exposición
 
Neste mes de decembro o protagonismo recae na Exposición Suma Ágora, que xa se pode visitar.
 
Nos once paneis que a compoñen, de natureza divulgativa, están os elementos que conforman o día a día destes barrios: as persoas, os espazos, o traballo e o lecer, as festas, os colectivos e asociacións, a cultura, o ensino, o deporte, o comercio, a historia e a memoria, a diversidade, … Trátase, claro está, dun punto de partida humilde e sinxelo, mais pensamos que tamén útil para, a partir del, podermos seguir a descubrir e a traballar da mellor maneira coa xente e para a xente á que nos debemos: vós.
 
 Descubre as imaxes e fotos dos barrios na Rede!
 
A xenerosidade dos colectivos e das persoas coas traballamos todos estes meses permitiunos manexar un fondo fotográfico amplo e de grande valor. Especiais grazas temos que dar a Xosé Ramón Calvete, da Asociación de Veciños de San Pedro de Visma, e a Gelín e o resto de compañeiros seus da Chave dos Mariñeiros, pola súa colaboración no acceso ás fotos que gardaban con celo e cariño.
 
O traballo de localización de imaxes, escaneo e dixitalización e demais, previo á súa suba ao pinterest e ao flickr, entendemos que é a primeira parte do que queremos conseguir. Toca agora difundir este material e obter máis información sobre cada unha das fotos, a través da participación de todas e todos vós. Animádevos a comentalas e a darnos información sobre os anos, os protagonistas, o contexto no que foron feitas…
 
Podedes ver todo neste enlace e ir afinando as buscas a través das etiquetas. A maiores, temos tamén o taboleiro en Pinterest , composto por unha selección das fotos máis bonitas de cada bloque. Os nenos e nenas dos coles da zona debuxáronnos os elementos máis representativos do barrio aos seus ollos, e tedes aquí o estupendo resultado.
 
Finalmente, estes son os bloques temáticos da exposición que se poden visualizar no flickr: A nosa xente,Un pobo de artistas, Aqui sempre fomos moi deportistas, Tempo de lecer.
 
 
 
Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Un comentario en “A exposición Suma Ágora, na Biblioteca e na Internet

  1. Pingback: A exposición Suma Ágora, en itinerancia polo barrio | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: