Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Pucho Boedo, voz do pobo e artista universal

Non sería entendible falarmos da cultura dos barrios da Silva e do Ventorrillo sen citarmos ao seu máis egrexio talento, ao fillo máis notable que dela saíu: o grande Pucho Boedo.

O crooner coruñés naceu no 1929 na Silva, no seo dunha familia rebelde e anarquista, que sofreu a represión franquista ao estalar a Guerra Civil. O seu pai e o seu irmán, membros da CNT, foron asasinados polo fascismo. O outro irmán tivo que fuxir cara a Venezuela, onde viviu longos anos de exilio. Tiña daquela Pucho sete anos.

A Silva viuno destacar de neno como futbolista e ollouno traballar cedo e do que fixese falta: vernizador, limpabotas, recadeiro, … Porén, o talento que tiña ao cantar sobresaía sobre o resto. Fichouno de mozo a orquestra Eslava e dela foi pasando por outras daquela altura: Ubierna, Los Satélites, Mallo, Radio City, Los Trovadores, …

No 1959, con trinta anos cumpridos e xa experiencia internacional acompañando aos Satélites e aos Trovadores, recibe a chamada de  Los Tamara, que viñan de Casablanca (Marrocos) e tiñan contratos por Europa. A súa incorporación a esta orquestra permitiulle pasar a compartir escenario cos grandes do momento: Shirley Bassey, Jacques Brel,  Charles Aznavour, Gilbert Becaud,  Charles Trenet, Doménico Modugno, …

E chegaron os discos, editados co selo francés Bel-Air. En total, Pucho gravaría cos Tamara oito “elepés”, varios deles en galego -o que era toda unha declaración de principios nos tempos da Ditadura franquista, que tiña marxinada e prohibida a nosa lingua-. Foron precisamente eses os de maior éxito comercial. 

O grande suceso das súas cancións levouno aos grandes escenarios: o Olympia de París, os casinos da Costa Azul… mais Pucho nunca esqueceu as raíces e de onde viña. Dunha familia obreira da Silva, na Coruña, onde a terra entra no océano e asume o vento da liberdade.

Enlaces recomendados:

– Entrada en lafonoteca.net sobre Pucho Boedo

– Ficha do documental Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo (Xurxo Souto, 2003)

Homenaxe no Ventorrillo a Pucho Boedo

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

3 comentarios en “Pucho Boedo, voz do pobo e artista universal

  1. Pingback: Músicas Posibles | Suma Ágora

  2. Pingback: As nenas e nenos do María Barbeito, de roteiro polo barrio | Suma Ágora

  3. Pingback: De roteiro polo barrio co CEIP María Barbeito | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Novembro 12, 2012 por en Audiovisual,Música,Persoas,Ventorrillo e A Silva , , , , , , .
%d bloggers like this: