Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Comercio e traballo

O COMERCIO DE PROXIMIDADE

O economato Codeco, os cines Chaplin, a apertura dos supermercados, o videoclub Queijo, o Zara da rúa Barcelona, as tabernas e bares de sempre, as épocas pasadas de esplendor comercial e as actuais de necesaria reinvención, … a xente que nos fala das súas lembranzas sobre o comercio na zona explícanos a evolución vivida ao longo das décadas.

Dos ultramarinos e tendas de barrio aos primeiros supermercados e ás galerías comerciais, do auxe da rúa Barcelona coa súa peonalización e conversión no nervio da Agra ao declive vivido posteriormente –coa proliferación na cidade das grandes superfícies comerciais-, das épocas nas que a rúa Vila de Negreira e as Conchiñas fervían de xente á maior dispersión actual polas tendas da zona.

Sexa como for, e a pesar das mudanzas vividas, a actividade comercial resultou elemento decisivo da vida económica do barrio, e segue mantendo protagonismo e relevancia na actualidade. Hoxe a zona á claramente multicultural, con locutorios, todos a cen, establecementos de comida, tendas específicas e oferta de lecer para as diferentes nacionalidades e culturas que poboan o día a día do barrio. A presenza deste novo tipo de actividades económicas axudou a revitalizar zonas degradadas e a manter abertos moitos pequenos locais comerciais.

As tres asociacións de comerciantes existentes na zona (a das Conchiñas, a da rúa Barcelona e da Agra do Orzán) traballan, pola súa parte, na detección e na proposición de solucións e melloras para o comercio de proximidade e para a súa dinamización.

TRABALLOS DE ONTE E DE HOXE

A poboación actual da zona da Agra provén fundamentalmente de diferentes vagas de inmigración –interna, da propia Galicia, e externa, fundamentalmente de América e de África- , que confiren ao barrio unha identidade multicultural moi marcada e característica.

Nos poucos espazos urbanos de encontro existentes (Rúa Barcelona, Praza das Conchiñas) conviven emigrantes retornados de América, chineses que traballan en restaurantes e tendas de souvenirs, colombianos, marroquinos ou senegaleses que rexentan negocios étnicos pensados para atender a demanda dos seus compatriotas e abertos aos orixinarios da zona (perruquerías, tendas de alimentación, locutorios, bazares, ..), fillos de xentes que no seu día chegaron de Carballo ou de Malpica, …

Esa diversidade modificou a case especialización laboral que nas décadas pasadas existiu entre determinados espazos e os seus habitantes. Así, falarmos do barrio dos Mariñeiros era falar dos homes que andaban ao mar desde o Portiño e das mulleres que vendían o peixe no mercado da Praza de Lugo, ou das que formaron parte despois dos inicios empresariais de Amancio Ortega.

A Agra tivo moita relación coa posta en funcionamento da refinería e cos polígonos de Bens e A Grela, e co desenvolvemento comercial que trouxo consigo a peonalización da rúa Barcelona.

O Ventorrillo, en cambio, foi zona máis residencial desde os seus inicios e con diversidade nas ocupacións sociolaborais dos seus habitantes.

Advertisements

Acerca de xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Un comentario en “Comercio e traballo

  1. Pingback: O comercio da Agra, na prensa da cidade | Suma Ágora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: