Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Comezamos con Suma Ágora

Coa apertura da Biblioteca poñemos en marcha tamén o proxecto Suma Ágora.

Nos meses previos á inauguración, ademais de todo o traballo de preparación técnica do espazo, dos fondos, do mobiliario e demais elementos precisos para a posta en marcha dunha Biblioteca estivemos, ademais, facendo un importante traballo de contacto co barrio e cos seus axentes. Queriamos coñecer as expectativas, necesidades, suxestións e opinións dos colectivos, entidades e persoas que viven nos barrios da nosa contorna, e queriamos facelo para dar despois un mellor servizo e prestar unha mellor atención.

Durante este tempo tomamos tamén unha decisión: centrar o primeiro ano da Biblioteca nun proxecto de conexión cos nosos barrios, nun proxecto sociocultural que servise para, por un lado, recuperarmos a memoria das súas xentes e espazos e, por outro, traela ao presente para -da man coas vivencias e experiencias das persoas que viñeron de procedencias diversas nos últimos anos- contribuír a construír de forma conxunta a identidade actual e futura destes barrios, coa diversidade como valor fundamental.

Hoxe sabemos que estes son barrios cheos de vida, con persoas activas e solidarias, con colectivos do máis diverso funcionando, con iniciativas sociais e culturais que precisan e merecen ser apoiadas. Agardamos poder contribuír desde Suma Ágora a mostrar e a poñer en valor o dinamismo e o orgullo dos seus veciños e veciñas.

Para rematar por hoxe, deixámosvos co sorriso de Zahara, do seu Marrocos natal ao barrio dos Mariñeiros, que nos recibe e nos desexa a mellor das andainas.  Poderedes vela a ela e a outros veciños no video que proxectaremos durante todo o mes na sala 1 da Biblioteca.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Xaneiro 5, 2012 por en Biblioteca,Espazos,Persoas , .
%d bloggers like this: