Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Abrimos o día 29 de xaneiro…


O domingo 29 de xaneiro deste 2012 é a nosa data de apertura. Farémolo cunha xornada de portas abertas e cun programa de ocio e lecer que incluirá maxia, monicreques, música, actividades de fomento da lectura e visitas guiadas polo espazo do Centro e da Biblioteca.

– A Compañía Trinke Trinke presenta: “Unha de ratos”. Con ela preséntase o programa  Merendas con contos, que se celebrará na sala infantil da Biblioteca os luns cada quince días.
Destinado ao público familiar con nenos/as de 3 a 7 anos.
Dúas sesións, ás 12:30 e ás 17:30 h.

Visitas guiadas pola biblioteca con participación dos distintos membros de la familia Ratapón. Compañía Trinke Trinke. Todos os públicos.
Ás  13:15 h. e ás 18:15 h.

– O mago Chrystyan Magic presenta un espectáculo de maxia, música e son baseado no libro “Chrystyan Magic Atrapado na torre” . Todos os públicos. Duración: 1 h.
Ás 18:30 h.
Lugar: Vestíbulo do Auditorio do Centro Ágora.

– Continental Producciones e Algarabía presentan: O Soldadiño de chumbo, editado por  Galaxia con  imaxes da  multipremiada curta de animación. Tamén farán unha presentación da aplicación para iPad, chea de movimento e interactividade.
Ás 19:30h.
Lugar: Aula 2 da Biblioteca Ágora

Visitas guiadas pola biblioteca cada 20 minutos. Durante todo o día e en tanto no teña lugar a actuación da Compañía do Trinke Trinke, o persoal realizará visitas guiadas pola biblioteca con explicación de espazos, programas, actividades, etc.
Lugar: Biblioteca Ágora.

Exposición Suma Ágora.  Breve presentación ás 11:30. Na aula 1, vídeos sobre a temática do mes: A Biblioteca.
Lugar: Biblioteca Ágora.

Xa sabedes, estades convidados e convidadas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada foi publicada o Xaneiro 5, 2012 por en Biblioteca,Persoas , , , .
%d bloggers like this: